Construído no século XVI sobre outro románico (cuxo orixe se atribúe a unha suposta aparición mariana) toma o seu nome do encontro de peregrinos que chegaban á cidade, uns desde Ferrol e outros polo camiño real de Vilalba. Debido á afluencia de camiñantes o templo primitivo queda pequeno e decídese construír o actual. É un belo exemplo de arte renacentista, tan pouco habitual en Galicia. Destaca o frontón clásico da fachada. Todos os indicios apuntan a que é obra de Juan de Herrera (autor del Escorial) que ao tempo tamén traballou en San Francisco de Betanzos e en Sobrado dos Monxes. Popularmente este santuario é coñecido como Vos Remedios polos supostos milagres sucedidos ao longo do tempo. Celébrase unha tradicional romaría o 8 de setembro sendo moi concorrida.
¿Sabías que existen imaxes da Virxe dos Remedios, dous de pedra e unha de vestir? Unha das de pedra (a orixinal desapareceu), a pequena de pedra situada aos pés do altar é de época barroca e a que se venera no camarín do altar con vestido e xoias está datada en 1800.
No interior sinalar que conta con restos de pintura no Altar Maior. Segundo os estudos estariamos ante un dos poucos exemplos de pintura barroca galega e que Betanzos sería un dos focos de produción de pintura da primeira metade do século XVIII sobre todo baixo o mecenado de Antonio Sánchez de Taibo.