Recinto circular destinado ao almacenaxe de neve co fin de conservar ou por ao fresco os alimentos. Esta ten un diámetro de 7,5 metros e unha profundidade de 4,5 metros. Conta cun revestimento interior de cachotería de granito e xisto.
A Neveira 1 é a mellor conservada e a máis monumental. A entrada principal consta dun soportal empedrado que se pechaba cun portalón con dobre folla de madeira. Tiña outra porta máis pequena que daría acceso ao interior do pozo. A estrutura conta ademais cunha entrada secundaria tamén con soportal ou vestíbulo empedrado e unha porta de acceso ao pozo. Entre o primeiro e o segundo anel existe unha canle de drenaxe.