Camiño da localidade de Miño cruzamos as marismas formadas no estuario do río Baxoi, que desemboca ao lado da praia Grande de Miño.
Unha marisma (do latín maritimae, terra inmediata ao mar) é unha zona húmida caracterizada pola presenza máis ou menos constante de auga no seu solo e de auga de mar polo fluxo e refluxo da marea. En Galicia tamén se chaman xunqueiras, pola presenza predominante do xunco. Houbo un tempo que se consideraban zonas perigosas para a saúde e improdutivas economicamente, porque debido ás súas inundacións periódicas non medraban as plantas consideradas “útiles”. Na actualidade esta visión cambiou e se entende que son ecosistemas importantes. A gran diversidade de especies botánicas serve de hábitat e alimento a gran número de animais.
A orixe das marismas se relaciona co movemento do nivel da auga nas etapas posglaciales, resultando as terras próximas ao mar más baixas inundadas. Estes espazos naturais son moi vulnerables aos danos por contaminación, pero tamén por alteracións como obras e dragados. A vexetación varía dunha zona a outra, dependendo do predominio da auga do río ou do mar.