Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Sobreira, adaptada ao lume

Sobreira, adaptada ao lume

Description

Esta árbore que tes en fronte, con cortiza rugosa ao redor do tronco é a sobreira, outra especie moi emparentada co carballo e o cerquiño (aínda que as súas follas non se parezan moito). Neste caso pertence á especie Quercus suber e o seu nome científico fai referencia á cortiza que se forma no seu tronco (suber, en latín, significa cortiza). As follas son un pouco diferentes ás dos seus parentes do bosque Atlántico, os carballos: máis pequenas e coriáceas, adaptadas á vida en ambientes secos e con temperaturas altas.

Sabías que a cortiza presenta unha resistencia ao paso do calor trinta veces superior á do formigón?

A cortiza é o tecido vexetal que recubre o tronco e orixinouse de maneira natural nesta especie como unha adaptación aos lumes que se producen con frecuencia nos ambientes mediterráneos, con veráns moi secos, en que vive esta especie. Grazas ás características ignífugas desta cortiza, estas árbores incrementan a súa supervivencia. Por iso fálase de que é unha adaptación biolóxica.

Polas características das súas follas e a cortiza, xa podemos deducir que esta especie de árbore está adaptada a climas máis cálidos e con máis períodos de seca, como os Mediterráneos. Aquí onde o ves atópase nun dos puntos máis setentrionais da súa área de distribución. Con todo, a súa abundancia tamén está bastante relacionada coa actividade humana. Debido ás inigualables calidades da cortiza que se obtén dos seus troncos e á resistencia que estas árbores teñen fronte aos lumes, esta especie foi moi utilizada e cultivada polo home. Aínda que agora quedan poucos individuos, esta árbore foi moi abundante ao redor do castelo. De aí deriva o nome do lugar Sobroso.

Technical Information

Lat, Lng
42.2054606-8.4636434
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 05/03/2019
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾