A historia do balneario remóntase a principios do século XIX e ten como protagonista o sacerdote Pedro Acuña y Malvar, secretario do Despacho de Gracia e Xustiza durante o reinado de Carlos IV. A súa iniciativa levouno a fundar en 1812 unha casa de augas, deseñada polo arquitecto Melchor de Prado y Mariño, da que se construíu só o primeiro corpo. Despois do seu falecemento, o empresario Elisardo Domínguez promoveu a construción dun novo edificio, obra do vigués Jenaro de la Fuente. En 2007 levouse a cabo unha moderna ampliación do corpo principal, que agora conta con cinco plantas e unha baixocuberta.
☏ +34 986 540 010 / +34 902 104 841
✉ reservas@relaistermal.com