Os recursos pesqueiros e as comunicacións marítimas fixeron do Miño un símbolo para a cidade. Nace en Meira (Lugo) e desemboca no océano Atlántico, entre A Guarda e Caminha (Portugal), e é o río máis importante de Galicia. Separa a provincia de Pontevedra do noso país veciño, Portugal, aínda que se manteñen unidos por varias pontes que o atravesan. Conta cun tramo navegable na súa parte final dende Tui onde se practican modalidades coma o remo, o piragüismo e a náutica recreativa, entre outros.
☚| PUNTO ANTERIOR
☛| SEGUINTE PUNTO