Seguindo a estela conceptual dalgúns traballos anteriores en formato mural, Sekone compuxo para o Rexenera Fest do 2017 unha imaxe cun impacto visual extraordinario e innegable, directa, pero conceptualmente aberta á interpretación do espectador e que simboliza varias reflexións simultaneamente. Por unha banda, Vergoña fai referencia á continua viaxe persoal e artística entre o erro e a frustración, un camiño intrínseco ao ser humano e ineludible que nos fai mellorar. E por outra banda, albíscase outra lectura que sinala á tópica dicotomía entre graffiti vandálico e muralismo contemporáneo, dúas caras dunha mesma.
Sekone é Miguel Díaz, un artista galego a cabalo entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A súa permanente curiosidade empúrrao a explorar diversos medios pictóricos, o que dá como resultado unha obsesión polo coidado do detalle e o perfeccionamento da técnica. Ver web do artista...