O estarcido ou “stencil” é unha técnica artística de repetición na que, mediante un cartón ou acetato créase unha imaxe ou texto que é facilmente reproducible. Nesta clase maxistral realizada durante o Rexenera Fest do 2017, as persoas que participaron traballaron durante tres xornadas os seus stencils coa técnica manual de corte a partir da súa previa edición e proxección, para finalmente plasmala nunha parede usando aerosol para o seu pintado final. No taller, realizado nas paredes da Estación vella de Autobuses de Carballo, representáronse figuras femininas senlleiras, como a gaiteira Cristina Pato ou a Marcela e Elisa, que casaron no 1901.
Andrea Michaelsson, alias BTOY, é unha artista urbana de Barcelona, recoñecida internacionalmente polos seus traballos do stencil. A súa obra sitúase sobre superficies irregulares, sumando refugallos de polución e anuncios, onde as portas e as fiestras tapiadas convértense nos seus marcos idóneos. As súas personaxes detéñense e cravan en nós a súa mirada, facéndonos reflexionar sobre o paso do tempo. Retratos cunha forte carga nostálxica, son sacudidos con pinceladas cheas de forza e cor. Máis info sobre esta artista...